Estimados socios
Espero que esteades ben despois deste difícil e extrano tempo que nos tocou vivir dende a declaración do estado de alarma en marzo de 2020. Tamén espero que, a partir de agora, a situación mellore e poidamos recuperar esa parte importante das nosas vidas que son as relacións persoais.
Utilizo este medio para comunicar que chegamos a un acordo para a explotación das nosas instalacións en Zabálburu. Pouco antes de finais de xuño estarán á vosa disposición.
Con este acordo, Arraiz e Zabálburu están plenamente operativos, o que nos permite autofinanciarnos e garantir o futuro da Casa, podendo así seguir disfrutándoa durante, espero, moitos anos.
O excedente obtido da explotación a investir na organización de eventos e actividades para recuperar a vida social da Casa, promovendo a cultura galega e as relacións entre todos os galegos do País Vasco e os seus descendentes.
En breve volverei a contactar con vos para facervos partícipesda celebración dunha Reunión de Socios, subvencionada pola Casa, coa que recuperaremos o principal valor que Casa Galicia de Bilbao achega aos seus socios, a irmandade entre todos os que formamos esta gran familia.
Este ano o número da Loteria de Nadal será o 81.926. Eliximos este número porque en 1926 fué cando se fundo a Casa por Dº Cesareo Rey. Esperamos tráianos sorte.
Non quero despedirme sen lembrarche que esta Xunta Directiva continúa e seguirá traballando polo ben da Casa e adicando o seu esforzo e tempo a poñer todo o seu interese á vosa disposición.
Sen máis, deséxovos boa saúde e un fantástico resto de ano
Asd. José Antonio Rodríguez Valado