22 de xuño demos comezo a unha nova etapa na Casa de Galicia de Bilbao cunha Asemblea Xeral Extraordinaria.






🤝 Nova Xunta Directiva, novos proxectos, e moita ilusión por recuperar a vida cultural galega na cidade.
💙 Queremos unha Casa viva, aberta, activa, orgullosa das nosas raíces.
O pasado 22 de xuño foi un día cheo de emocións na Casa de Galicia de Bilbao.
🤝 Un acto simbólico no que a antiga Xunta Directiva pasou o relevo á nova, con ilusión, respecto e moitas gañas de reactivar este espazo tan especial para a comunidade galega en Euskadi.
💙 Grazas a todas as persoas que nos acompañastes. Este é só o comezo dunha nova etapa chea de proxectos, cultura e galeguidade.
A nova Xunta Directiva:
- Presidente: José Ignacio Alonso Santos
- Vicepresidente: Ibon Loroño Salgado
- Secretario: Oscar Gordiño García
- Vicesecretario: Juan Carlos Rey Sánchez
- Tesoureiro: José Antonio Rodríguez Valado
- Vicetesoureira: Inmaculada Ferreiro Varela
- Delegado Folclore: Manuel Veiga Mera
- Subdelegada Folclore: Lorena Meis Naveiro
- Vocal: Juan Carlos Segade López
- Vocal: Eneko Dadin Fernández
- Vocal: Julio Fernández Ollero
- Vocal: Mª Isabel Varela Taboada










