Este fin de semana achegámonos algúns membros da Casa de Galicia de Bilbao ao Día da Galicia en Euskadi para vivir de preto esta celebración tan especial da nosa cultura e identidade.














🔹 Aínda que nesta ocasión participamos como espectadores, fixemos fotos, recollemos momentos e, sobre todo, collimos impulso.
🔹 Foi unha honra acompañar ás demais casas galegas nesta xornada de encontro, música, tradición e irmandade.
📸 Deixámosvos un collage coas imaxes máis bonitas da xornada.
💬 Agardamos que na próxima edición poidamos participar activamente xunto ás demais entidades que forman parte da Irmandade de Casas de Galicia en Euskadi.
💙 A Casa de Galicia de Bilbao está de volta, con moitas ganas de medrar, colaborar e seguir facendo comunidade.