O 1 de novembro de 2025 celebramos no Lar Arraiz un Magosto inesquecible, unha das festas máis queridas da tradición galega. Máis de cincuenta persoas gozaron dunha xornada chea de castañas, boa comida, amizade e música.






























O día comezou cun almorzo de lacón e continuou cun xantar popular con produtos galegos: embutidos, queixos, empanada, carne ao caldeiro e filloas. Tras a sobremesa, chegou o momento máxico da queimada, seguido de música tradicional, baile e o asado de castañas, que encheu a terraza dun arrecendo auténtico de outono galego.
O ambiente foi extraordinario e, ademais, o evento tivo fin solidario, destinando os beneficios á Casa de Galicia de Bilbao. O Lar Arraiz volveu consolidarse como o corazón das nosas celebracións.
As fotos da xornada resumeno todo: tradición, ledicia e unha comunidade galega unida e orgullosa en Bilbao.