Únete á Casa de Galicia de Bilbao: xuntos abrimos unha nova etapa
A Casa de Galicia de Bilbao inicia unha nova etapa de reactivación e crecemento, e precisamos de ti para devolverlle todo o brillo que merece. Tras anos de historia viva, de encontros, cultura e tradición, a nosa entidade encárase agora ao seu maior desafío: preparar o seu Centenario en 2026, un momento histórico para honrar o legado que tantas xeracións deixaron en Bilbao.
Queremos recuperar a forza e o espírito que sempre nos definiu. Para iso, estamos traballando en poñer novamente en marcha a agrupación folclórica, a nosa antiga revista, actividades culturais, cursos, obradoiros, concertos e moito máis. Pero para que este soño sexa posible, é imprescindible contar cunha base social forte, diversa e ilusionada.
Se es galega, galego, descendente, simpatizante ou simplemente amante da nosa cultura, este é o teu lugar. A túa participación axudaranos a:
-
Manter vivo o patrimonio cultural galego no País Vasco.
-
Crear un espazo de encontro, amizade e comunidade.
-
Impulsar novas actividades que fagan da Casa de Galicia un referente cultural en Bilbao.
-
Honrar a pegada deixada por quen nos precedeu e garantir a súa continuidade no século XXI.
Anímaste a formar parte desta nova etapa?
Podedes pasar a preguntar pola oficina os martes e xoves, de 10:00 a 13:00, na rúa Pablo Picasso, 4 (baixo).
Tamén podes chamarnos ao 944 716 320 ou escribirnos a secretaria@casagaliciadebilbao.com.
Síguenos nas redes sociais para estar ao día:
📸 Instagram: @casagaliciabilbao
▶️ YouTube: @casagaliciabilbao
Asóciate e axúdanos a construír unha Casa de Galicia aberta, viva e orgullosa da súa historia.
O legado continúa. Contamos contigo.